Matches in SemOpenAlex for { <https://semopenalex.org/work/W2623588446> ?p ?o ?g. }
Showing items 1 to 25 of
25
with 100 items per page.
- W2623588446 abstract "As cavidades en rochas plutonicas son un medio pouco conecido polo de agora. Mais a pesar das poucas e dispersas referencias a iste tipo de covas na literatura cientifica, o Atlas sobre pseudocasrt de CHABERT e COUBORN (1997), inclue un centenar de grandes covas emprazadas en rochas plutonicas, un numero que se incrementa cada dia. Esta Tese centrase de forma xeral nas covas desenvoltas en granitos (rochas plutonicas) e especificamente nos grandes sistemas de covas en granitos da Peninsula Iberica. Nunha primeira fase elaborarase unha cartografia xeomorfoloxica especifica (planta, alzados, seccions, modelo 3D), cartografiando formas de erosion, formas estruturais e formas de acumulacion (espeleotemas e bioespeleotemas), en base a que se tratara de definir unha cronoloxia pra istas cavidades e mais as dinamicas activa e fosil que se atopan neste tipo de medios baixoterrenos. Estas covas poden ser de tres tipos. O primeiro tipo son as covas de fisura, desenvoltas aproveitando os planos de falla o de rotura que tenen canalizado os procesos de meteorizacion e logo tenen sido valeiradas das suas alteritas pola erosion. O segundo tipo, e e o que pertencen a maior parte das covas que se estudan nesta Tese, definironse aproveitando os ocos existentes nos depositos de vertente formados polo colapso gravitatorio de bloques. As veces cando a acumulacion dos bloques acontece nos fondos dos vales, a escorrentia superficial canalizase a traves deste ocos inda que a auga apenas desenvolve modificacions no espazo soterrano mais alo de marmitas e canles de erosion. Noutros casos as covas de bloques desenvolveronse pola apertura de formas convexas (tor, castle kopje, inselbergs, etc), nas que a estrututra previa da rocha abriuse por esvaramento, xenerandose o oco pola separacion dos bloques. No interior destas cavidades os depositos preservan rexistros sedimentarios de distinta entidade dos que se pode obter informacion sobre a evolucion do medio baixoterreno dende que se desenvolveu a cavidade. O terceiro tipo de covas, de grande singularidade inda que de dimensions mais modestas, son as cacholas. Neste tipo, a cavidade limitase ao ambito do bloque afecto polo proceso. Dos tres tipos de covas, ista Tese adicase especificamente ao segundo tipo. A primeira parte da Tese refirese ao estudo da xenese destas covas definindo no posible os mecanismos implicados no movemento dos bloques e a cronoloxia do movemento, ambos aspectos moitas veces irresolubeis especialmente pola ausencia de criterios axeitados. A segunda parte do proxecto de Tese refirese a definicion das caracteristicas microclimaticas que definen o entorno baixoterreno. Pretendese conseguir un modelo matematico (gray-box ou black-box model) que represente a dinamica do microclima neste tipo de covas. Moitos traballos sobre o carst asumen que as covas son sistemas dinamicos causais, continuos, invariantes no tempo e linais. Nembargantes os primeiros ensaios realizados amosan que istas covas deberian tratarse con tecnicas de identificacion de sistemas dinamicos non linais. Asi os modelos construiranse mediante redes neuronais artificiais con topoloxias especializadas en series temporais. Istas redes presentan como caracteristicas fundamentais a sua capacidade de apredizaxe, xeneralizacion e abstraccion, o que permite obter modelos continuos a partir de series de datos “rotas”. A optimizacion multiparametrica mono o multiobxetivo resolverase mediante metodos heuristicos. Como fase previa a identificacion debese determinar a correlacion entre as variables fisicas que intervenen no sistema e que se presentan como series temporais longas non estacionarias. Farase uso de transformadas wavelet por canto tenense amosado como unha ferramenta de analisis especializada no estudo de procesos non estacionarios, multiescala e desenvoltos nun dominio finito espacial e temporal. Outra parte da Tese centrase na evaluacion e analise dos riscos destes sistemas: Por un lado moitas destas cavidades son a drenaxe de cursos de auga importantes e presentan un risco de avenidas especialmente perigoso para os visitantes. Tamen polo tipo de litoloxia e no caso de que non exista drenaxe a traves delas, engadense os riscos derivados dos altos niveis potenciais de radon, o que pode convertir a istas cavidades en trampas ou depositos deste tipo de gas e produtos radioactivos derivados (cesio). Por outra banda istas covas son acumulacions de bloques de gran potencia, o que conleva analizar cal e a sua estabilidade e cal o seu risco potencial de reactivacion." @default.
- W2623588446 created "2017-06-15" @default.
- W2623588446 creator A5049608267 @default.
- W2623588446 date "2017-06-07" @default.
- W2623588446 modified "2023-09-27" @default.
- W2623588446 title "Cavidades naturales en rocas magmáticas:las cuevas en rocas plutónicas" @default.
- W2623588446 hasPublicationYear "2017" @default.
- W2623588446 type Work @default.
- W2623588446 sameAs 2623588446 @default.
- W2623588446 citedByCount "0" @default.
- W2623588446 crossrefType "dissertation" @default.
- W2623588446 hasAuthorship W2623588446A5049608267 @default.
- W2623588446 hasConcept C127313418 @default.
- W2623588446 hasConcept C142362112 @default.
- W2623588446 hasConcept C15708023 @default.
- W2623588446 hasConceptScore W2623588446C127313418 @default.
- W2623588446 hasConceptScore W2623588446C142362112 @default.
- W2623588446 hasConceptScore W2623588446C15708023 @default.
- W2623588446 hasLocation W26235884461 @default.
- W2623588446 hasOpenAccess W2623588446 @default.
- W2623588446 hasPrimaryLocation W26235884461 @default.
- W2623588446 isParatext "false" @default.
- W2623588446 isRetracted "false" @default.
- W2623588446 magId "2623588446" @default.
- W2623588446 workType "dissertation" @default.